martes, 19 de agosto de 2014

Presentación
A Agrupación Moañesa de Música e Danza nace en 2014 no concello de Moaña, co obxeto de recoller, estudar e difundir a cultura tradicional galega no ámbito do folclore.
Para elo conta con dúas seccións principáis:

Escola:
A Escola da Agrupación Moañesa de Música e Danza pretende difundir fielmente o folclore galego, contextualizandono e servindo de nexo de unión entre o popular e a realidade actual, con total responsabilidade e respeto polo recollido das xeracións anteriores.
Divídese en tres grandes áreas:
  - Área de Música Tradicional.
  - Área de Canto Tradicional.
  - Área de Baile Tradicional.

Agrupación:
Está formada por membros da escola e ten como obxetivo amosar ó público a cultura tradicional galega nos distintos ámbitos da música, canto e baile.
Para elo conta con:
  - Grupo de Baile Tradicional.
  - Grupo de Pandereteiras.
  - Grupo de Pandereteiros.
  - Charanga Popular.
  - Banda de Gaitas.

Profesorado:

Xosé Oliveira.
Disciplina: Música Tradicional.
Titulado en Grao Profesional na especialidade de Gaita Galega. Dende moi cativo estivo sempre vencellado á música tradicional galega, da man dos seus avós Os Morenos de Lavadores. En 1989 cofunda Noitarega, con quen grava 3 discos. Colabora como músico de estudio con diversos artistas. Dende 2003 dirixe Moxenas Musical Galego, unha agrupación orquestral de 40 músicos do sur de Galicia.

Miguel Sotelo Vidal.
Disciplina: Baile Tradicional.
Miguel Sotelo é bailador e mestre de baile tradicional. Dirixe os grupos Trébede, Retrouso de Cela e Ximalveira e imparte clases de baile nas asociacións O Arco de Vilanova, Ardanceiros, Trépia e Tarambainas. Ademáis, imparte cursos de baile en diversas asociacións e Centros Galegos. Forma parte do grupo de pandereteiros O Tear de Llerena. Compre destacar o seu paso pola A.C. Lembranzas da Ría, onde se inicia como bailador e músico, pola A.C.F. O Fiadeiro, polo Projecto Trepia e polas compañías de música e danza GS21, Círcio e Quique Peón Cía.


Juan Pena Costas.
Disciplina: Música e Canto Tradicional.
Fórmase na Banda de Gaitas Semente Nova da man do seu primeiro mestre, Xavier Blanco. No ano 1989 pasa a formar parte da Agrupación Breogán de Moaña, onde coñece a D. Henrique Otero Covelo, o seu mestre de gaita durante vintecatro anos. Profesor de Gaita, Canto e Pandeireta na Agrupación Breogán de 2013 a 2014. Músico e compositor,  está considerado por moitos coma un discípulo especial de Henrique Otero, así como un pilar moi importante na relación que tivo o mestre co pobo de Moaña.